INTRODUCCIÓN
SOGARPO, S.G.R.  

SOGARPO, S.G.R. é unha sociedade de xestión financieira que, se ben o seu ámbito de actuación comprende tódala Comunidade Autónoma de Galicia, opera fundamentalmente nas provincias de Pontevedra e Ourense, participando nela Organismos Oficiais, Institucións, a práctica totalidade da banca establecida en Galicia e as empresas máis representativas dos distintos sectores.

A súa misión é facilitar ás PEMES, a través do seu aval , o acceso ó crédito nas mellores condicións en canto a tipos de xuro, comisións e prazos de amortización, así como facilitarlle-lo asesoramento financieiro necesario para mellorar no posible a súa xestión.

Ó ser unha Sociedade de Garantía Recíproca, está aberta a tódalas pequenas e medianas empresas, as cales participan cunha cantidade simbólica no seu capital e benefícianse de tódalas ventaxas que, a través de ela, canalizan diversos organismos públicos, entre outros.

A súa capacidade de xestión venlle dada polo apoio que lle prestan os seus Socios Protectores e polas súas empresas asociadas que, a súa vez, demandan novas solucións financieiras, tipos de xuro preferentes, subvencións e prazos de amortización máis dilatados, como elementos básicos á hora de competir nos distintos mercados.

SOGARPO tén, por tanto, dous tipos de socios claramente diferenciados: os Socios Protectores , que aportan recursos á Sociedade; e os Socios Partícipes , pequenas e medianas empresas, únicos que poden beneficiarse dos servicios prestados.