9 de julio de 2025
Vigo, 9 de xullo de 2025
A sinerxia entre Sogarpo e Sabadell Gallego mantén unha traxectoria ascendente no apoio ao financiamento de pemes e autónomos en Galicia, permitindo alcanzar en 2024 un máximo histórico de 8,4 millóns de euros en importe avalado e de 18,9 millóns en risco en vigor das operacións amparadas polo convenio entre ambas as entidades. Este acordo de colaboración foi renovado hoxe en Vigo nun acto de firma no que interviñeron Pablo Junceda, director xeneral adxunto e director territorial Noroeste de Banco Sabadell, e Artur Yuste, presidente de Sogarpo.
A renovación do convenio amplía desde 15 millóns ata 25 millóns o importe en operacións avaladas por Sogarpo e financiadas polo Banco Sabadell. Os límites ordinarios por formalización son dun máximo de 200.000 euros para circulante e de 600.000 para investimento, aínda que en ambos os casos ampliables en función das características do proxecto empresarial. Nos avais para concesión dun préstamo inmobiliario, o prazo máximo podería chegar ata os 15 anos.
Esta liña ampliada diríxese a pemes, autónomos e emprendedores que conten cun proxecto viable e que destinen o financiamento a capital circulante ou a investimento. Desta forma, obterán cobertura para xestión, mellora da produtividade, impulso da capacidade de innovación, adquisición de activos e tamén para internacionalización, nun momento clave polas cambiantes políticas arancelarias.
O convenio entre Sabadell Gallego e Sogarpo facilita acceso a produto financeiro competitivo e apoia o crecemento e competitividade das empresas galegas. A renovación do acordo entre ambas as entidades coincide co décimo aniversario da entrada de Banco Sabadell como socio protector da SGR galega. Nos cinco últimos anos -entre 2019 e 2024- o convenio achegou financiamento a 246 empresas, por un importe de 26,01 millóns de euros. Ao conseguir solución e protección financeira para preto de 300 plans de negocio, as empresas beneficiarias conseguiron consolidar un total de 2.272 empregos.
Las noticias e información más relevante sobre Sogarpo, el mundo empresarial, novedades financieras y todo lo relacionado con el apoyo a las pequeñas y medianas empresas así como noticias destacadas sobre el panorama económico local e internacional.
● Mediante este acordo, Banca March pon ao dispor dos socios partícipes de SOGARPO unha liña de financiamento que alcanza os 20 millóns de euros.● Deste xeito, as pemes e autónomos de Pontevedra e Ourense poderán acceder a financiamento en condi
A xunta xeral da SGR galega valorou os resultados de 2025, o noveno exercicio consecutivo con crecementos en todas as magnitudes clave, e fixou o obxectivo de seguir fomentando a intermediación empresarial no seu ano do 45 aniversario.A estabilidade
Sogarpo pechou 2025 cun novo fito na súa traxectoria: superar por primeira vez os 70 millóns de euros en importe avalado a empresas e profesionais de Galicia. Con 827 formalizacións, a SGR galega inxectou 70,8 millóns na economía galega, xerou un inv