No noso primeiro contacto, centrámonos en comprender as túas ideas e necesidades financeiras, ao tempo que te informamos sobre as nosas condicións de garantía. Despois de recibir os teus datos financeiros, realizamos unha análise inicial para verificar a viabilidade do teu proxecto. Se se confirma a viabilidade, o noso equipo especializado afonda máis na operación, buscando o produto máis beneficioso para ti.
Posteriormente, presentamos a túa solicitude ao Comité de Riscos e mantemos informado en cada fase do proceso. Unha vez obtida o visto e prace pasamos á firma ante notario para formalizar a operación, garantindo o cumprimento dos acordos establecidos.
Entra na nosa oficina en liña
A través da nosa plataforma en liña, poderás darche de alta e solicitar o aval. Se es emprendedor, autónomo ou empresa, ou traballas nunha entidade financeira, poderás xestionar de maneira rápida e sinxela todos os pasos do aval, desde a solicitude ata a súa sanción.
Accede agora e atopa a mellor financiación.
1
Envía a túa solicitude rexistrándose na nosa plataforma, enche toda a información e envíanos a documentación necesaria
2
Recibimos a documentación e coa información facilitada procederemos a estudar a concesión da garantía
3
Unha vez analizada a viabilidade do proxecto, resolvemos a operación e autorízase a concesión da aval.
4
Formalizamos a operación en notaría ademais de dar de alta como socio
A que oficina podo ir?
sede central
C/ Reconquista, nº11- Bajo · 36201
Vigo
986 228 053
Delegación en Ourense
C/ Progreso, nº145- Bajo · 32003
Ourense
988 372 913
Horario de atención ao cliente
Luns e martes: 08:00h a 15:00h - 15:30h a 17:30h
Mércores-venres: 08:00h a 15:00h
Por que escoller sogarpo
Descubre a sólida garantía que Sogarpo ofrece as pemes asociadas ante as entidades financeiras. O noso apoio é fundamental en operacións chave como préstamos para inversións, refinanciamento de pasivos e liñas de crédito para manter o teu negocio en movemento.
Opta por garantías eficientes: liberar recursos, asegurar contratos e facilitar o fluxo comercial, todo a un custo reducido e con vantaxes fiscais. Descubra hoxe as súas moitas vantaxes.
Gracias ao convenio subscrito entre Sogarpo, SGR e AQUISGRÁN ofrecemos en exclusiva para os nosos socios partícipes préstamos a tipo fixo a través do primeiro vehículo de financiación non bancaria promovido pola Confederación Española de Sociedades de Garantía Recíproca (CESGAR) e co respaldo do Instituto de Crédito Oficial (ICO) e do Fondo Europeo de Inversións (FEI)
Sogarpo ten varios inmobles da súa propiedade, que están en venda ou en aluguer.
Dende a nosa fundación en 1981, apoiamos a emprendedores, autónomos e pemes para conseguir o mellor financiamento para o seu negocio.
Sogarpo desempeña un papel crucial no impulso das pemes, motor fundamental do noso armazón empresarial. Servimos como guía para que o seu desenvolvemento flúa con éxito, contribuíndo significativamente á economía galega.
1
Novos
Socios
1M€
Formalizado
acumulado
1M€
Risco
Vivo