En calidade de director xeral da Sociedade de Garantía Recíproca de Pontevedra e Ourense, quero darlle a benvida en nome de todo o equipo humano da nosa entidade. O obxectivo de Sogarpo, desde o seu nacemento en 1981, é traballar ao servizo do desenvolvemento industrial e do progreso do tecido empresarial de Galicia.
O noso obxecto social consiste en facilitar e mellorar o acceso ao financiamento das pemes, por medio da concesión de garantías ás empresas que se asocien a Sogarpo.A tradicional dificultade de acceso ao crédito das pemes, agravada pola actual crise económica e de restrición crediticia, converte ás Sociedades de Garantía Recíproca en instrumentos financeiros primordiais.
Cada vez máis pemes, con proxectos viables pero sen as garantías suficientes, optan por financiarse a través destas Sociedades, tendo en conta os seus importantes beneficios á hora de acceder ao crédito, que normalmente non alcanzarían na cantidade e calidade necesarias se non fóra polo aval prestado polas SGR e o seu asesoramento na negociación, para obter as condicións máis vantaxosas en canto á determinación de tipos e prazos.
Por todo iso, Sogarpo desempeña un papel crucial de impulso ás pemes, que conforman, na súa maioría, o noso mapa empresarial, servindo de compás para que o seu desenvolvemento flúa polos leitos correctos e permítalles achegar á economía galega todo o seu valor de creación de riqueza.
Dende a nosa fundación en 1981, apoiamos a emprendedores, autónomos e pemes para conseguir o mellor financiamento para o seu negocio.
Sogarpo desempeña un papel crucial no impulso das pemes, motor fundamental do noso armazón empresarial. Servimos como guía para que o seu desenvolvemento flúa con éxito, contribuíndo significativamente á economía galega.
1
Novos
Socios
1M€
Formalizado
acumulado
1M€
Risco
Vivo
Somos a Sociedade de Garantía Recíproca de Pontevedra e Ourense e durante máis de 40 anos nos dedicamos a impulsar o crecemento económico e promover o progreso empresarial en Galicia.
Apoiamos ás empresas facilitándolles o acceso a financiamento en condicións favorables, con menores costes crediticios. O noso obxectivo é resolver os desafíos financeiros que limitan o Crecemento empresarial.
Ningunha empresa galega viable debería ver o seu desenvolvemento truncado por carecer de respaldo financeiro.
Sogarpo, o teu aval, o teu futuro.
Las noticias e información más relevante sobre Sogarpo, el mundo empresarial, novedades financieras y todo lo relacionado con el apoyo a las pequeñas y medianas empresas así como noticias destacadas sobre el panorama económico local e internacional.
A activación das Liñas IGAPE desde o comezo do exercicio levou en 2024 á SGR do sur da Comunidade para liderar crecementos no sector en España, con subidas por encima do 50% en importe dos avais outorgados, en emprego consolidado e en investimento
Inxectou 70 millóns de euros a pemes e autónomos, a través de 883 operacións que levaron financiamento a 656 empresas, cun 22% de incremento A Sociedade de Garantía Recíproca galega propiciou un investimento empresarial de 87 millóns e a consolida
Sogarpo, S.G.R. celebrou o primeiro Consello de Administración do ano nas súas instalacións en Vigo, onde se analizaron os resultados do exercicio 2024 e establecéronse as liñas estratéxicas para continuar o crecemento da sociedade en 2025.
Sogarpo, S.G.R. é unha SOCIEDADE DE GARANTÍA RECÍPROCA, de carácter mercantil, que foi constituída o 21 de Xullo de 1981.
Está inscrita no Rexistro Mercantil da provincia de Pontevedra, no folio 1, libro 295, folla 4203, inscrición 1.
O seu número de inscrición no Rexistro Especial de Sociedades de Garantía Recíproca do Ministerio de Economía e Facenda é o 19. O seu número de identificación fiscal é o V - 36622082.