Compartir Noticia


Facebook


Twitter


Linkedin


Whatsapp


Banca March y SOGARPO firman un convenio para facilitar la financiación de las pymes de Pontevedra y Ourense

Banca March y SOGARPO firman un convenio para facilitar la financiación de las pymes de Pontevedra y Ourense Novas

3 de julio de 2026

●      Mediante este acordo, Banca March pon ao dispor dos socios partícipes de SOGARPO unha liña de financiamento que alcanza os 20 millóns de euros.
● Deste xeito, as pemes e autónomos de Pontevedra e Ourense poderán acceder a financiamento en condicións vantaxosas para os seus proxectos. 
● A liña de crédito cobre unha ampla gama de necesidades empresariais, incluíndo financiamento para investimento, circulante, reestruturación de pasivos e adquisición de inmobles.

Banca March e a Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra e Ourense (SOGARPO, S.G.R.) asinaron hoxe un convenio de colaboración destinado a impulsar o tecido empresarial galego. Os encargados de asinar o acordo foron Felipe Rastrollo, director da unidade de Banca de Empresas de Banca March, e José Cabaleiro, director xeneral de SOGARPO. 

Mediante este acordo, Banca March pon ao dispor dos socios partícipes de SOGARPO unha liña de financiamento que alcanza os 20 millóns de euros, reforzando así o seu compromiso co desenvolvemento económico e a consolidación das pemes como motor de creación de riqueza e emprego.

O convenio, asinado na sede de SOGARPO en Vigo, permitirá ás pequenas e medianas empresas de Pontevedra e Ourense acceder a financiamento en condicións vantaxosas para acometer os seus proxectos de investimento e cubrir as súas necesidades de circulante. As operacións estarán avaladas por SOGARPO, entidade con 45 anos de experiencia en facilitar ás pemes o acceso ao crédito.

A liña de financiamento de 20 millóns de euros poderase ampliar se as necesidades das empresas o requiren antes do seu vencemento. O acordo contempla unha ampla gama de produtos financeiros, entre os que se inclúen créditos, préstamos para investimento, para circulante, para a reestruturación de pasivos e para a adquisición de inmobles. Ademais, ambas as entidades colaborarán na difusión e o acceso a outras liñas de financiamento de organismos como o ICO, e poderán desenvolver conxuntamente produtos financeiros específicos adaptados ás necesidades das empresas da rexión.

Felipe Rastrollo, director da unidade de Banca de Empresa de Banca March, declarou: “Este acordo con SOGARPO, asinado no ano en que alcanzamos o noso primeiro centenario, enmárcase na nosa firme vocación de apoiar nos seus proxectos ás empresas e aos empresarios, con especial foco nas empresas familiares e as familias empresarias. Somos conscientes de que o acceso ao financiamento é clave para a competitividade e o crecemento das pemes, que constitúen a base da nosa economía. A nosa intención é ser un socio estratéxico para o tecido empresarial de Galicia, ofrecendo solucións áxiles e adaptadas ás súas necesidades”. 

Para o director xeneral de SOGARPO, José Cabaleiro, a firma do convenio con Banca March representa “unha nova inxección de financiamento para as empresas do sur de Galicia e unha oportunidade para contribuír ao investimento e ao crecemento das pemes e dos emprendedores. A SOGARPO permítenos ampliar a oferta de produtos e servizos, sempre ao lado do sector empresarial, para dar cobertura e respaldo cos nosos avais ás súas necesidades de investimento, liquidez ou capital circulante”.

La actualidad de Sogarpo al día

Las noticias e información más relevante sobre Sogarpo, el mundo empresarial, novedades financieras y todo lo relacionado con el apoyo a las pequeñas y medianas empresas así como noticias destacadas sobre el panorama económico local e internacional.

imagen de As sociedades de garantía facilitan 2.457 millóns de euros a pemes e persoas autónomas ata setembro, un 10 % máis que no 2025

As sociedades de garantía facilitan 2.457 millóns de euros a pemes e persoas autónomas ata setembro, un 10 % máis que no 2025

O financiamento canalizado polas SGR xerou unha inversión de 3.194 millóns de euros na economía e beneficia xa a máis de 191.000 empresas.As sociedades de garantía recíproca (SGR) que operan en España facilitaron 2.457 millóns de euros en financiamen

Ler o artigo

imagen de Sogarpo inxectou ata agosto 51 millóns de euros a pemes e autónomos, cun crecemento interanual do 4,5% en importe e do 10% en investimento xerado

Sogarpo inxectou ata agosto 51 millóns de euros a pemes e autónomos, cun crecemento interanual do 4,5% en importe e do 10% en investimento xerado

 A SGR galega facilitou financiamento a 468 empresas, o 96% delas con menos de 50 traballadores, e blindou 6.310 empregos neste período de oito meses Máis da metade dos 539 avais outorgados por Sogarpo (o 56%) destínanse a proxectos de investimento

Ler o artigo

imagen de Banca March y SOGARPO firman un convenio para facilitar la financiación de las pymes de Pontevedra y Ourense

Banca March y SOGARPO firman un convenio para facilitar la financiación de las pymes de Pontevedra y Ourense

●      Mediante este acordo, Banca March pon ao dispor dos socios partícipes de SOGARPO unha liña de financiamento que alcanza os 20 millóns de euros.● Deste xeito, as pemes e autónomos de Pontevedra e Ourense poderán acceder a financiamento en condi

Ler o artigo

Consulta todas as novidades de Sogarpo
logo Ministerio de industria y turismo logo cersa logo prtr next generation Logo Instituto Galego de Promoción Económica Logo Deputación Orense Logo Via Galicia Logo Universidad de Vigo

Consentimento legal de cookies

La web de Sogarpo utiliza cookies, propias e de terceiros, para manter as súas preferencias e analizar os seus hábitos de navegación na nosa páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. As cookies poden ser aceptadas, rexeitadas, bloqueadas e borradas, segundo desexe. Poderá facelo mediante as opcións dispoñibles na presente ventá ou a través da configuración do seu navegador, segundo o caso. Máis información no apartado. Política de Cookies da nosa páxina web.

As cookies técnicas serven para garantir o correcto funcionamento do portal web, así como para proporcionar comodidade e fluidez á navegación do usuario.

As cookies analíticas ou de medición axudan aos propietarios das páxinas web a comprender como interactúan os visitantes coas páxinas web, reunindo e proporcionando información de forma anónima.

Cookies para integrar funcionalidades de redes sociais no sitio web e compartir contidos do sitio web nessas redes sociais.

Gardar preferencias Rexeitar cookies Aceptar todas as cookies