3 de noviembre de 2026
As sociedades de garantía recíproca (SGR) que operan en España facilitaron 2.457 millóns de euros en financiamento a pemes e persoas autónomas entre xaneiro e setembro de 2026, un 10 % máis que no mesmo períoso do exercicio anterior. Así o recolle o último balance publicado pola Confederación Española de Sociedades de Garantía (CESGAR).
Os avais concedidos xeraron unha inversión de 3.194 millóns de euros na economía. Ademais, o risco vivo do sistema —o importe dos créditos e préstamos que as SGR manteñen activos— acada os 8.872 millóns de euros, un 7 % máis que en setembro de 2025. En conxunto, a actividade das sociedades de garantía beneficia xa a 191.228 pemes, persoas autónomas e emprendedoras, e contribúe ao mantemento de máis de 1,2 millóns de postos de traballo.
Nun escenario de incerteza económica e aumento dos custos, especialmente para as empresas de menor tamaño e sectores con maior consumo enerxético, as sociedades de garantía reafirman o seu papel como instrumento clave para facilitar o acceso ao financiamento.
Como sinala José Pedro Salcedo, presidente de SGR-CESGAR: «Neste complexo escenario para as pemes, as sociedades de garantía seguimos á fronte do financiamento empresarial, impulsando proxectos viables de pemes que xeran riqueza na nosa economía».
Nesta tarefa tamén desempeña un papel fundamental o reaval de CERSA (Compañía Española de Reafianzamento), que contribúe a reforzar a capacidade de actuación das sociedades de garantía. A súa participación tamén foi relevante para canalizar os Fondos Next Generation EU: desde 2021, as SGR facilitaron 11.743 milóns de euros procedentes destes fondos a preto de 50.400 pemes e autónomos, apoiando especialmente proxectos de dixitalización, sostibilidade e mellora da competitividade.
Os datos de CESGAR correspondentes ós nove primeiros meses de 2026 permiten coñecer tamén o destino do financiamento e o perfil das empresas beneficiarias:
● Por tipo de aval: os avais financieiros representan o 88,5 % da actividade. Dentro deles os destinados a inversión concentran o 48,5 % do importe formalizado, mentre que os de circulante supoñen o 37,1 %.
● Por sectores: Servizos encabeza o financiamento recibido, co 49,2 % do importe concedido. Séguenlle Comercio (17,9 %), Industria (17,5 %), Construcción (9,5 %) e sector Primario (5,8 %).
● Por tamaño empresarial: as micropemes representan o 74 % das empresas beneficiarias. Inclúense todas as empresas con menos de 50 persoas traballadoras, a porcentaxe ascende ao 94,5 %.
● Apoio ao emprendemento: as persoas emprendedoras representan xa o 20,2 % das empresas beneficiadas.
Estes resultados poñen de manifiesto a contribución das sociedades de garantía ao desenvolvemento do tecido empresarial, especialmente das pequenas empresas, facilitando recursos para investir, impulsar a súa actividade e afrontar novos proxectos.
SOGARPO, como sociedade de garantía recíproca galega, forma parte deste sistema e traballa para facilitar o acceso ao financiamento de pemes, persoas autónomas e proxectos empresariais de Galicia.
Las noticias e información más relevante sobre Sogarpo, el mundo empresarial, novedades financieras y todo lo relacionado con el apoyo a las pequeñas y medianas empresas así como noticias destacadas sobre el panorama económico local e internacional.
O financiamento canalizado polas SGR xerou unha inversión de 3.194 millóns de euros na economía e beneficia xa a máis de 191.000 empresas.As sociedades de garantía recíproca (SGR) que operan en España facilitaron 2.457 millóns de euros en financiamen
A SGR galega facilitou financiamento a 468 empresas, o 96% delas con menos de 50 traballadores, e blindou 6.310 empregos neste período de oito meses Máis da metade dos 539 avais outorgados por Sogarpo (o 56%) destínanse a proxectos de investimento
● Mediante este acordo, Banca March pon ao dispor dos socios partícipes de SOGARPO unha liña de financiamento que alcanza os 20 millóns de euros.● Deste xeito, as pemes e autónomos de Pontevedra e Ourense poderán acceder a financiamento en condi