Compartir caso de éxito


Facebook


Twitter


Linkedin


Whatsapp


Motos Eléctricas Galicia, S.L.

"Motos Eléctricas Galicia, un servicio de movilidade urbana para empresas rápido, económico e sostible."

Motos Eléctricas Galicia, S.L.

Caso de éxito
Motos Eléctricas Galicia (Motoemotion) naceu coa idea de mellorar o servizo de repartición a domicilio de empresas que se multiplicou tras a pandemia, facéndoo máis eficiente, rendible e respectuoso co medio ambiente. Esta empresa ofrece diferentes opcións de renting, renting con opción a compra e venda de frotas a todas as empresas que se dedican a pequenas reparticións, como poden ser restaurantes, servizos de paquetería ou corporacións locais.

“Co noso servizo, buscamos, ademais, axudar a eliminar das cidades un tipo de vehículos altamente contaminantes, tanto en emisións de CO² como en ruídos estridentes que atentan contra o medio ambiente, asegura Manuel Rodiño Leiro, CEO de Motos Eléctricas Galicia.

Nos seus inicios, os fundadores adquiriron un pequeno parque de motos eléctricas deseñadas para a repartición de todo tipo de produtos, para ofrecer en alugueiro a calquera profesional. Os vehículos están xeolocalizados, polo que, a través dunha app, é posible facer un seguimento en tempo real de cada percorrido. Ademais, as motocicletas contan con cero emisións e non emiten contaminación acústica, o que lles permite acceder a calquera zona das cidades que outros vehículos teñen vedadas.

Tras a súa posta en marcha, a empresa comezou a recibir pedidos, pero a súa capacidade económica para adquirir vehículos ao ritmo da demanda era limitada, polo que tiveron que buscar medios de financiamento. Foi entón cando acudiron a Sogarpo co fin de solicitar axuda para financiar o proxecto. “Grazas ao apoio de Sogarpo e o Igape, hoxe contamos cun parque de vehículos que rolda as 160 unidades e temos unha capacidade de crecemento acorde á demanda do mercado”, sinala Rodiño. “Sen a axuda da SGR, non sería posible crecer desta maneira e seguir ofrecendo un servizo de calidade aos nosos clientes”, engade.

Motos Eléctricas Galicia, un servicio de movilidade urbana para empresas rápido, económico e sostible.   Motos Electricas Galicia, S.L.

Mobify, unha alternativa de movilidade sostible nada en Galicia   Mobify, S.L.

"Grazas á confianza que Sogarpo tivo no potencial do noso equipo e na súa capacidade de adaptación ás necesidades de formación actuais, foi posible emprender esta aventura"   Centro de Estudios Nova

Ver máis casos de éxito

Dende a nosa fundación en 1981, apoiamos a emprendedores, autónomos e pemes para conseguir o mellor financiamento para o seu negocio.

Sogarpo desempeña un papel crucial no impulso das pemes, motor fundamental do noso armazón empresarial. Servimos como guía para que o seu desenvolvemento flúa con éxito, contribuíndo significativamente á economía galega.

1

Novos
Socios

1M

Formalizado
acumulado

1M

Risco
Vivo

Ver casos de éxito

¿Quen pode solicitar un aval ?

Sogarpo apoia operacións para PEMES e autónomos con sede en Galicia.

Debe estar ao corrente de pagos coas Administracións Públicas e non estar en situación de concurso de acredores ou en causa de disolución legal.

Que pasos debo seguir
imagen de Máis de 40 anos impulsando o crecemento das pemes e autónomos en Galicia. Contacta connosco e xuntos atoparemos a mellor alternativa financeira para o teu proxecto.

Máis de 40 anos impulsando o crecemento das pemes e autónomos en Galicia. Contacta connosco e xuntos atoparemos a mellor alternativa financeira para o teu proxecto.

Contacte con Sogarpo
logo cersa logo prtr next generation Logo Instituto Galego de Promoción Económica Logo Deputación Orense Logo Via Galicia Logo Universidad de Vigo

Consentimento legal de cookies

La web de Sogarpo utiliza cookies, propias e de terceiros, para manter as súas preferencias e analizar os seus hábitos de navegación na nosa páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. As cookies poden ser aceptadas, rexeitadas, bloqueadas e borradas, segundo desexe. Poderá facelo mediante as opcións dispoñibles na presente ventá ou a través da configuración do seu navegador, segundo o caso. Máis información no apartado. Política de Cookies da nosa páxina web.

As cookies técnicas serven para garantir o correcto funcionamento do portal web, así como para proporcionar comodidade e fluidez á navegación do usuario.

As cookies analíticas ou de medición axudan aos propietarios das páxinas web a comprender como interactúan os visitantes coas páxinas web, reunindo e proporcionando información de forma anónima.

Cookies para integrar funcionalidades de redes sociais no sitio web e compartir contidos do sitio web nessas redes sociais.

Gardar preferencias Rexeitar cookies Aceptar todas as cookies