Centro de Estudios Nova é un dos negocios que decidiu abrir as súas portas a pesar da pandemia. O pasado mes de setembro, inaugurouse en Vigo esta nova academia especializada na preparación de oposicións. Centro de Estudios Nova nace co obxectivo de dar resposta a novas necesidades do sector da educación, como a dixitalización, unha tendencia xa en alza que se acelerou co motivo da Covid-19.
Pero, antes da súa apertura, o director do centro tivo que superar o principal obstáculo: atopar financiamento para o seu proxecto. “Cando o equipo de docentes e de coordinación que formamos este centro de estudos nos plantexamos crear un novo proxecto, non nos imaxinábamos as dificultades que íamos atopar para conseguir financiamento, sobre todo debido á situación actual e porque custa moito transmitir a seguridade nunha empresa de nova creación, sen histórico en canto á súa xestión”, sinala Javier Piñeiro, director de Centro de Estudios Nova.
Piñeiro non dubidou en recorrer á axuda de Sogarpo SGR que opera nas provincias de Pontevedra e Ourense, conseguindo un aval para acceder a esa financiación tan necesaria. “Grazas á confianza que Sogarpo tivo no potencial do noso equipo e na súa capacidade de adaptación ás necesidades de formación actuais, foi posible emprender esta aventura", asegura Piñeiro.
Esta nova academia soubo adaptarse ao contexto actual, xa que conta con oito aulas equipadas coas últimas tecnoloxías, combinando o formato presencial e en liña para que o alumno teña un acceso total ás clases.
Dende a nosa fundación en 1981, apoiamos a emprendedores, autónomos e pemes para conseguir o mellor financiamento para o seu negocio.
Sogarpo desempeña un papel crucial no impulso das pemes, motor fundamental do noso armazón empresarial. Servimos como guía para que o seu desenvolvemento flúa con éxito, contribuíndo significativamente á economía galega.
1
Novos
Socios
1M€
Formalizado
acumulado
1M€
Risco
Vivo
Sogarpo apoia operacións para PEMES e autónomos con sede en Galicia.
Debe estar ao corrente de pagos coas Administracións Públicas e non estar en situación de concurso de acredores ou en causa de disolución legal.