Compartir caso de éxito


Facebook


Twitter


Linkedin


Whatsapp


Centro de Vida Arousa, volcados en el cuidado y atención de los mayores de la Comarca del Salnés en Pontevedra

""Para poder levar a cabo este proxecto, foi indispensable contar co apoio de Sogarpo, que nos axudou na tramitación da financiación e nos pasos iniciais do proxecto empresarial, que finalmente se fixo realidade""

Centro de Vida Arousa

Caso de éxito

"Un dos maiores honores da vida é coidar daquelas persoas que unha vez coidaron de nós". Este é o lema do Centro de Vida Arousa, un Centro de Día situado en A Illa de Arousa (Pontevedra), que conta cun equipo profesional e unhas instalacións totalmente preparadas para a atención aos maiores da Comarca do Salnés.

O seu principal obxectivo é traballar día a día para que o centro sexa un referente na atención integral personalizada ás persoas maiores ou en situación de dependencia da comarca e no acompañamento psicolóxico ás súas familias e/ou coidadores, aos que tamén se lles facilita a conciliación, tanto laboral como familiar. "Caracterízanos a proximidade e o trato persoal que prestamos aos usuarios e ás súas familias, dando resposta ás súas necesidades individuais", asegura María, unha das administradoras do centro.

Detrás do proxecto están Esther Vázquez, María Recuna e Valeria Filgueira, tres emprendedoras cun mesmo soño: "Pór en marcha un Centro de Día onde poder aplicar todo o coñecemento e experiencia adquiridos na nosa vida laboral e poñelo en valor nun proxecto que tratamos con moito coidado, comezando desde cero ata a tan desexada apertura do centro".

"Para poder levar a cabo este proxecto, foi indispensable contar co apoio de Sogarpo, que nos axudou na tramitación da financiación e nos pasos iniciais do proxecto empresarial, que finalmente se fixo realidade", explica Esther, outra das administradoras do Centro de Vida Arousa.

Motos Eléctricas Galicia, un servicio de movilidade urbana para empresas rápido, económico e sostible.   Motos Electricas Galicia, S.L.

Mobify, unha alternativa de movilidade sostible nada en Galicia   Mobify, S.L.

"Grazas á confianza que Sogarpo tivo no potencial do noso equipo e na súa capacidade de adaptación ás necesidades de formación actuais, foi posible emprender esta aventura"   Centro de Estudios Nova

Ver máis casos de éxito

Dende a nosa fundación en 1981, apoiamos a emprendedores, autónomos e pemes para conseguir o mellor financiamento para o seu negocio.

Sogarpo desempeña un papel crucial no impulso das pemes, motor fundamental do noso armazón empresarial. Servimos como guía para que o seu desenvolvemento flúa con éxito, contribuíndo significativamente á economía galega.

1

Novos
Socios

1M

Formalizado
acumulado

1M

Risco
Vivo

Ver casos de éxito

¿Quen pode solicitar un aval ?

Sogarpo apoia operacións para PEMES e autónomos con sede en Galicia.

Debe estar ao corrente de pagos coas Administracións Públicas e non estar en situación de concurso de acredores ou en causa de disolución legal.

Que pasos debo seguir
imagen de Máis de 40 anos impulsando o crecemento das pemes e autónomos en Galicia. Contacta connosco e xuntos atoparemos a mellor alternativa financeira para o teu proxecto.

Máis de 40 anos impulsando o crecemento das pemes e autónomos en Galicia. Contacta connosco e xuntos atoparemos a mellor alternativa financeira para o teu proxecto.

Contacte con Sogarpo
logo cersa logo prtr next generation Logo Instituto Galego de Promoción Económica Logo Deputación Orense Logo Via Galicia Logo Universidad de Vigo

Consentimento legal de cookies

La web de Sogarpo utiliza cookies, propias e de terceiros, para manter as súas preferencias e analizar os seus hábitos de navegación na nosa páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. As cookies poden ser aceptadas, rexeitadas, bloqueadas e borradas, segundo desexe. Poderá facelo mediante as opcións dispoñibles na presente ventá ou a través da configuración do seu navegador, segundo o caso. Máis información no apartado. Política de Cookies da nosa páxina web.

As cookies técnicas serven para garantir o correcto funcionamento do portal web, así como para proporcionar comodidade e fluidez á navegación do usuario.

As cookies analíticas ou de medición axudan aos propietarios das páxinas web a comprender como interactúan os visitantes coas páxinas web, reunindo e proporcionando información de forma anónima.

Cookies para integrar funcionalidades de redes sociais no sitio web e compartir contidos do sitio web nessas redes sociais.

Gardar preferencias Rexeitar cookies Aceptar todas as cookies