Compartir Noticia


Facebook


Twitter


Linkedin


Whatsapp


Sogarpo elogia la estabilidad del sistema de financiación, el compromiso de la Administración y el ímpetu inversor de las empresas

Sogarpo eloxia a estabilidade do sistema de financiamento, o compromiso da Administración e o ímpeto investidor das empresas Novas

10 de junio de 2026

A xunta xeral da SGR galega valorou os resultados de 2025, o noveno exercicio consecutivo con crecementos en todas as magnitudes clave, e fixou o obxectivo de seguir fomentando a intermediación empresarial no seu ano do 45 aniversario.

A estabilidade do sistema de financiamento empresarial en Galicia, o compromiso das Administracións co produto público e o ímpeto investidor das empresas protagonizaron a xunta xeral ordinaria de Sogarpo, celebrada o 10 de xuño na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra en Vigo.
O presidente Artur Yuste sinalou que “a gran característica do sector é a estabilidade, a pesar de que representa un forte contraste co escenario global. Existe inxección de produto público, hai ímpeto investidor desde as empresas e está en auxe a demanda de financiamento, así que se manteñen as boas condiciróns para que perdure o crecemento de actividade dentro do sistema de garantías”.

Noveno ano consecutivo de crecemento
A asemblea respaldou os resultados de 2025: máis de 800 avais formalizados, por valor de 70,8 millóns de euros, cunha investimento inducida de 89,1 millóns e 8.679 empregos consolidados en case 700 empresas. O risco vivo —avais en vigor— acadou os 217,9 millóns, un 13% máis que ao peche de 2024.
En perspectiva, os datos son aínda máis significativos: en só catro anos, entre 2021 e 2025, Sogarpo duplicou o importe avalado (+109%) e o investimento inxectado na economía galega (+113%).

O binómio Sogarpo-IGAPE, motor do crecemento
As liñas IGAPE xeraron en 2025 o 77% do volume total da sociedade: 54,6 millóns en importe avalado, 63,1 millóns en investimento inducida e 5.300 empregos consolidados en 406 empresas, con incrementos interanuais do 22% en emprego e do 18% en empresas beneficiarias.
“As cifras confirman que a maior oferta, cobertura e dimensión de produto público é o elemento clave para o crecemento da actividade financeira dirixida ás pemes”, afirmou Yuste.

O convenio coa Deputación de Ourense, modelo a estender
O acordo coa Deputación de Ourense acumula xa case 200 avais, 14,5 millóns de importe concedido e 1.077 empregos consolidados en 171 empresas. A xunta destacou este “modelo de coordinación” entre entidades como un exemplo que debería estenderse a outras institucioóns.
Regresa a hexemonía do investimento
En 2025, o 55,4% dos avais concedidos destinouse a investimento empresarial, fronte ao 39,8% para circulante. Un cambio de tendencia significativo que a asemblea valorou especialmente no actual contexto de incerteza internacional.

45 anos mirando ao futuro
2026 é o ano do 45 aniversario de Sogarpo. O presidente pechou a asemblea cun mensaxe claro: “Familiarizámonos cos récords e non queremos baixarnos xusto agora, nun momento tan crucial para as empresas e para a economía. A nosa mellor garantía son os 8.617 socios partícipes que nos permitiron construir un emocionante relato desde 1981.”

La actualidad de Sogarpo al día

Las noticias e información más relevante sobre Sogarpo, el mundo empresarial, novedades financieras y todo lo relacionado con el apoyo a las pequeñas y medianas empresas así como noticias destacadas sobre el panorama económico local e internacional.

imagen de Sogarpo eloxia a estabilidade do sistema de financiamento, o compromiso da Administración e o ímpeto investidor das empresas

Sogarpo eloxia a estabilidade do sistema de financiamento, o compromiso da Administración e o ímpeto investidor das empresas

A xunta xeral da SGR galega valorou os resultados de 2025, o noveno exercicio consecutivo con crecementos en todas as magnitudes clave, e fixou o obxectivo de seguir fomentando a intermediación empresarial no seu ano do 45 aniversario.A estabilidade

Ler o artigo

imagen de Sogarpo supera por primeira vez os 70 millóns de euros en importe avalado e consolida a súa senda de crecemento en 2025

Sogarpo supera por primeira vez os 70 millóns de euros en importe avalado e consolida a súa senda de crecemento en 2025

Sogarpo pechou 2025 cun novo fito na súa traxectoria: superar por primeira vez os 70 millóns de euros en importe avalado a empresas e profesionais de Galicia. Con 827 formalizacións, a SGR galega inxectou 70,8 millóns na economía galega, xerou un inv

Ler o artigo

imagen de SOGARPO e Bankinter asinan un acordo para impulsar o financiamento de proxectos de economía sostible

SOGARPO e Bankinter asinan un acordo para impulsar o financiamento de proxectos de economía sostible

Sogarpo formalizou un novo acordo con Bankinter para o impulso do financiamento sostible, reforzando o seu compromiso co apoio a proxectos vinculados á eficiencia enerxética e a transición ecolóxica.Este convenio enmárcase na colaboración entre entid

Ler o artigo

Consulta todas as novidades de Sogarpo
logo Ministerio de industria y turismo logo cersa logo prtr next generation Logo Instituto Galego de Promoción Económica Logo Deputación Orense Logo Via Galicia Logo Universidad de Vigo

Consentimento legal de cookies

La web de Sogarpo utiliza cookies, propias e de terceiros, para manter as súas preferencias e analizar os seus hábitos de navegación na nosa páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. As cookies poden ser aceptadas, rexeitadas, bloqueadas e borradas, segundo desexe. Poderá facelo mediante as opcións dispoñibles na presente ventá ou a través da configuración do seu navegador, segundo o caso. Máis información no apartado. Política de Cookies da nosa páxina web.

As cookies técnicas serven para garantir o correcto funcionamento do portal web, así como para proporcionar comodidade e fluidez á navegación do usuario.

As cookies analíticas ou de medición axudan aos propietarios das páxinas web a comprender como interactúan os visitantes coas páxinas web, reunindo e proporcionando información de forma anónima.

Cookies para integrar funcionalidades de redes sociais no sitio web e compartir contidos do sitio web nessas redes sociais.

Gardar preferencias Rexeitar cookies Aceptar todas as cookies