9 de julio de 2025
Vigo, 9 de xullo de 2025
A sinerxia entre Sogarpo e Sabadell Gallego mantén unha traxectoria ascendente no apoio ao financiamento de pemes e autónomos en Galicia, permitindo alcanzar en 2024 un máximo histórico de 8,4 millóns de euros en importe avalado e de 18,9 millóns en risco en vigor das operacións amparadas polo convenio entre ambas as entidades. Este acordo de colaboración foi renovado hoxe en Vigo nun acto de firma no que interviñeron Pablo Junceda, director xeneral adxunto e director territorial Noroeste de Banco Sabadell, e Artur Yuste, presidente de Sogarpo.
A renovación do convenio amplía desde 15 millóns ata 25 millóns o importe en operacións avaladas por Sogarpo e financiadas polo Banco Sabadell. Os límites ordinarios por formalización son dun máximo de 200.000 euros para circulante e de 600.000 para investimento, aínda que en ambos os casos ampliables en función das características do proxecto empresarial. Nos avais para concesión dun préstamo inmobiliario, o prazo máximo podería chegar ata os 15 anos.
Esta liña ampliada diríxese a pemes, autónomos e emprendedores que conten cun proxecto viable e que destinen o financiamento a capital circulante ou a investimento. Desta forma, obterán cobertura para xestión, mellora da produtividade, impulso da capacidade de innovación, adquisición de activos e tamén para internacionalización, nun momento clave polas cambiantes políticas arancelarias.
O convenio entre Sabadell Gallego e Sogarpo facilita acceso a produto financeiro competitivo e apoia o crecemento e competitividade das empresas galegas. A renovación do acordo entre ambas as entidades coincide co décimo aniversario da entrada de Banco Sabadell como socio protector da SGR galega. Nos cinco últimos anos -entre 2019 e 2024- o convenio achegou financiamento a 246 empresas, por un importe de 26,01 millóns de euros. Ao conseguir solución e protección financeira para preto de 300 plans de negocio, as empresas beneficiarias conseguiron consolidar un total de 2.272 empregos.
Las noticias e información más relevante sobre Sogarpo, el mundo empresarial, novedades financieras y todo lo relacionado con el apoyo a las pequeñas y medianas empresas así como noticias destacadas sobre el panorama económico local e internacional.
A renovación do convenio que fortalece a competitividade do tecido empresarial galego foi subscrita hoxe en Vigo por Pablo Junceda, director xeral de Sabadell Gallego e Artur Yuste, presidente de Sogarpo A liña, que se amplía de 15 a 25 millóns de
• A renovación do acordo coa institución provincial representa “un claro exemplo dos beneficios e retornos que pode xerar a colaboración público-privada”, destacou Artur Yuste• O presidente de Sogarpo remarcou que con esta liña de produto bonificado
A activación das Liñas IGAPE desde o comezo do exercicio levou en 2024 á SGR do sur da Comunidade para liderar crecementos no sector en España, con subidas por encima do 50% en importe dos avais outorgados, en emprego consolidado e en investimento