27 de octubre de 2025
Sogarpo consolida os niveis de crecemento do excelente exercicio de 2024 e continúa aumentando o risco en vigor da sociedade en todas as categorías de produto: nas Liñas Igape e nos convenios coa Deputación de Ourense e con entidades financeiras. En conxunto, a carteira de negocio da SGR galega ascendía ao 30 de setembro pasado a 213,8 millóns de euros, un 14,2% máis que un ano antes, mentres que o investimento inducido cifrábase en 343,5 millóns, un 13,2% máis na comparativa interanual.
A piques de alcanzar os 4.000 avais en vigor (3.982 a peche de setembro de 2025), o número de empresas beneficiarias sobe un 5,8%, ata as 2.525, e a cifra de empregos consolidados un 10,7%, ao pasar de 23.085 a 25.553. Os crecementos intensifícanse especialmente dentro das Liñas Igape, nas que a carteira global de Sogarpo sobe no último ano un 37,3% en importe (112,1 millóns), un 37,4% en investimento inducido (155,4 millóns), un 18,9% en número de empresas avaladas (1.371) e un 24,4% en empregos protexidos (13.875).
O balance de actividade dos nove primeiros meses do ano reflicte a concesión de 620 avais á 509 empresas por un importe conxunto de 54,3 millóns e propiciando unha inxección de 69,7 millóns de euros na economía galega. Estas cifras permiten afianzar e mesmo elevar os niveis de formalizacións de 2024, cando a sociedade fixara novos teitos históricos. No acumulado de xaneiro a setembro do ano actual o importe avalado sobe un 1%, o investimento xerado un 4%, as empresas beneficiarias un 2% e os empregos consolidados un 4%.
As Liñas Igape captaron 384 avais outorgados a 379 empresas, por importe de 41,6 millóns e un investimento inducido de 48,2 millóns. Pola súa banda, o convenio coa Deputación de Ourense acumula desde a súa posta en marcha, en 2023, un total de 186 avais outorgados, 14,3 millóns de importe formalizado e 16,9 millóns de euros inxectados á economía da provincia de Ourense. A colaboración Sogarpo-Deputación achegou financiamento aos proxectos de 159 empresas e permitiu consolidar 865 postos de traballo.
O presidente de Sogarpo, Artur Yuste, interpreta que a operativa lograda pola SGR nos tres primeiros trimestres “cumpre cos obxectivos da planificación anual e encaixa ademais con prioridades de Sogarpo como son abrir a porta do financiamento empresarial ás pemes e a todos os proxectos de investimento viables”. Así, destaca que o 56,4% das formalizacións realizadas nos nove primeiros meses concentráronse en empresas de 1 a 10 traballadores e que os avais para investimento “representan tamén máis da metade das formalizacións da sociedade, en concreto o 54,4%, ao subir 13 puntos porcentuais en comparación con 2024”.
Las noticias e información más relevante sobre Sogarpo, el mundo empresarial, novedades financieras y todo lo relacionado con el apoyo a las pequeñas y medianas empresas así como noticias destacadas sobre el panorama económico local e internacional.
O risco vivo da sociedade fixa novas cifras de récord en todas as categorías de produto: Liñas Igape, Deputación de Ourense e convenios bilaterais A carteira global de avais en vigor elévase xa a 213,8 millóns de euros e está a piques de conquista
A renovación do convenio que fortalece a competitividade do tecido empresarial galego foi subscrita hoxe en Vigo por Pablo Junceda, director xeral de Sabadell Gallego e Artur Yuste, presidente de Sogarpo A liña, que se amplía de 15 a 25 millóns de
• A renovación do acordo coa institución provincial representa “un claro exemplo dos beneficios e retornos que pode xerar a colaboración público-privada”, destacou Artur Yuste• O presidente de Sogarpo remarcou que con esta liña de produto bonificado