Compartir Noticia


Facebook


Twitter


Linkedin


Whatsapp


Sogarpo mantiene la senda de crecimiento y supera por primera vez los 70 millones de importe avalado a empresas y profesionales

Sogarpo supera por primeira vez os 70 millóns de euros en importe avalado e consolida a súa senda de crecemento en 2025 Novas

29 de abril de 2026

Sogarpo pechou 2025 cun novo fito na súa traxectoria: superar por primeira vez os 70 millóns de euros en importe avalado a empresas e profesionais de Galicia. Con 827 formalizacións, a SGR galega inxectou 70,8 millóns na economía galega, xerou un investimento inducido de 89,05 millóns e consolidou 8.679 empregos en 663 empresas.

"O mellor resultado do exercicio foi consolidar os fortes crecementos dos que partiamos e facelo ademais nun escenario de inestabilidade comercial para moitos sectores", destacou Artur Yuste, presidente de Sogarpo.

Unha década de crecemento acelerado

Os datos de 2025 cobran especial relevancia en perspectiva: en só catro anos, Sogarpo duplicou o importe avalado, pasando dos 33,8 millóns de 2021 aos 70,8 millóns actuais, un incremento do 109,4%. Nese mesmo período, o investimento inducido tamén se dobrou (+113,5%) e o risco vivo —avais en vigor— creceu un 40,6%, situándose a peche de 2025 en 217,9 millóns de euros, un 13% máis que o ano anterior.

O investimento empresarial, protagonista

Un dos datos máis relevantes do exercicio é o cambio de tendencia no destino dos avais. Por primeira vez desde o inicio da década, o investimento volve superar ao circulante: o 55,4% dos avais concedidos en 2025 destináronse a financiar proxectos de investimento empresarial, tres puntos máis que en 2024, fronte ao 49,2% dirixido a necesidades de tesourería.

O papel clave do IGAPE

As liñas de financiamento do IGAPE captaron 54,6 millóns, cun crecemento do 5,7% en importe e do 9,5% en número de avais respecto a 2024. Este impulso do produto público da Xunta de Galicia propiciou un investimento inducido de 63,1 millóns e blindou 5.300 empregos en 406 empresas. A cooperación continuada entre o IGAPE e as SGR segue sendo un elemento esencial para facilitar o acceso a financiamento de pemes e autónomos en todo o territorio galego.

Convenio coa Deputación de Ourense

A liña de colaboración entre Sogarpo e a Deputación de Ourense, activa desde 2023, acumula xa 189 avais concedidos por un importe conxunto de 14,5 millóns de euros, un investimento inducido de 17,05 millóns e a consolidación de 1.077 empregos en 171 empresas da provincia.

La actualidad de Sogarpo al día

Las noticias e información más relevante sobre Sogarpo, el mundo empresarial, novedades financieras y todo lo relacionado con el apoyo a las pequeñas y medianas empresas así como noticias destacadas sobre el panorama económico local e internacional.

imagen de Sogarpo supera por primeira vez os 70 millóns de euros en importe avalado e consolida a súa senda de crecemento en 2025

Sogarpo supera por primeira vez os 70 millóns de euros en importe avalado e consolida a súa senda de crecemento en 2025

Sogarpo pechou 2025 cun novo fito na súa traxectoria: superar por primeira vez os 70 millóns de euros en importe avalado a empresas e profesionais de Galicia. Con 827 formalizacións, a SGR galega inxectou 70,8 millóns na economía galega, xerou un inv

Ler o artigo

imagen de SOGARPO e Bankinter asinan un acordo para impulsar o financiamento de proxectos de economía sostible

SOGARPO e Bankinter asinan un acordo para impulsar o financiamento de proxectos de economía sostible

Sogarpo formalizou un novo acordo con Bankinter para o impulso do financiamento sostible, reforzando o seu compromiso co apoio a proxectos vinculados á eficiencia enerxética e a transición ecolóxica.Este convenio enmárcase na colaboración entre entid

Ler o artigo

imagen de A carteira de negocio de Sogarpo alcanza un novo teito histórico ao crecer un 14% nos nove primeiros meses do ano

A carteira de negocio de Sogarpo alcanza un novo teito histórico ao crecer un 14% nos nove primeiros meses do ano

 O risco vivo da sociedade fixa novas cifras de récord en todas as categorías de produto: Liñas Igape, Deputación de Ourense e convenios bilaterais A carteira global de avais en vigor elévase xa a 213,8 millóns de euros e está a piques de conquista

Ler o artigo

Consulta todas as novidades de Sogarpo
logo Ministerio de industria y turismo logo cersa logo prtr next generation Logo Instituto Galego de Promoción Económica Logo Deputación Orense Logo Via Galicia Logo Universidad de Vigo

Consentimento legal de cookies

La web de Sogarpo utiliza cookies, propias e de terceiros, para manter as súas preferencias e analizar os seus hábitos de navegación na nosa páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. As cookies poden ser aceptadas, rexeitadas, bloqueadas e borradas, segundo desexe. Poderá facelo mediante as opcións dispoñibles na presente ventá ou a través da configuración do seu navegador, segundo o caso. Máis información no apartado. Política de Cookies da nosa páxina web.

As cookies técnicas serven para garantir o correcto funcionamento do portal web, así como para proporcionar comodidade e fluidez á navegación do usuario.

As cookies analíticas ou de medición axudan aos propietarios das páxinas web a comprender como interactúan os visitantes coas páxinas web, reunindo e proporcionando información de forma anónima.

Cookies para integrar funcionalidades de redes sociais no sitio web e compartir contidos do sitio web nessas redes sociais.

Gardar preferencias Rexeitar cookies Aceptar todas as cookies