24 de junio de 2024
Vigo, 24 de xuño de 2024
O primeiro semestre de 2024 protagoniza dous feitos relevantes na traxectoria de Sogarpo. Un deles é moi especial e pasa xa a formar parte da historia da entidade.
A sociedade conquistou a cifra mítica dos mil millóns de euros avalados ao sector empresarial desde o seu inicio de actividade -no ano 1981- dentro do sistema de garantías español, no que actualmente operan 18 SGR. E esa conquista de `números redondos´ chegou como consecuencia dun inicio de exercicio de forte crecemento, no que a sociedade dobrou os avais por importe e o investimento inducido, e no que chegou a un 43% máis de empresas na comparativa co ano anterior.
A cifra soñada dos dez díxitos e dos nove ceros (1.000.000.000 de euros) consolida a Sogarpo como a sociedade de garantía recíproca de referencia para as empresas e profesionais establecidos no sur de Galicia, e como a SGR de proximidade, de confianza e de coñecemento pleno do seu ámbito xeográfico.
Desde a súa constitución, concedeu un total 32.827 avais que permitiron facer realidade outros tantos plans de empresa ou modelos de negocio. En maio pasado, o importe avalado pola sociedade traspasou os mil millóns, para situarse en 1.000,3 millóns de euros. Esas case 33.000 formalizacións propiciaron un investimento empresarial de 1.124,1 millóns de euros.
Ao longo do seu percorrido, Sogarpo acompañou e materializou os soños de 11.138 empresas e profesionais, e contribuíu a consolidar 68.387 postos de traballo. Más de 11.000 sociedades e autónomos, con predominio de pemes e microempresas, lograron financiarse coa garantía e o respaldo dun aval da SGR coa que comparten orixe e territorio.
CRECEMENTO DO 96% ATA MAIO
Nos cinco primeiros meses de 2024, a sociedade creceu o 111% en investimento inxectado ao sector empresarial, o 96% en importe dos avais outorgados, o 43% na cifra de empresas beneficiadas e o 19% no número de avais. Ata maio, realizou 351 formalizacións #ante 283 empresas, por un importe global de 29,8 millóns e cun investimento inducido de 38,3 millóns.
Este maior dinamismo en financiamento empresarial tradúcese para Sogarpo en novos crecementos na carteira de risco en vigor, que ao 31 de maio ascendía a 176,7 millóns (un 10,1% máis que na mesma data do ano anterior), mentres que o investimento inducido excedía os 300 millóns (subida interanual do 12,1%).
Das 351 formalizacións rexistradas nos cinco primeiros meses do exercicio actual, as Liñas Igape impulsaron 200, por importe de 23,8 millóns. Levaron financiamento a 226 empresas, que investiron 30 millóns en ampliar e modernizar o tecido produtivo de Galicia. En concreto, estas liñas de produto público da Xunta sostiveron o 56% dos avais outorgados por Sogarpo ata maio, o 80% do importe avalado e o 78% do investimento inducido.
Dentro de toda a operativa do período -produto público máis privado-, a sociedade que preside Artur Yuste outorgou avais por importe de 16 millóns para circulante (o 53,7% do total) e de 12,1 millóns para investimento (40,8%). Hai un ano, as proporcións foron xustamente as contrarias -54,3% para investimento e 39% para circulante-, antes do aumento que se detecta agora nas necesidades de liquidez das empresas.
Dos case 30 millóns concedidos pola entidade, 16,8 millóns destináronse a empresas do tramo de 1 a 10 traballadores, e case 23 millóns ás que contan con menos de 25 traballadores en persoal.
Las noticias e información más relevante sobre Sogarpo, el mundo empresarial, novedades financieras y todo lo relacionado con el apoyo a las pequeñas y medianas empresas así como noticias destacadas sobre el panorama económico local e internacional.
- Mediante o convenio coa Xunta, a SGR do sur de Galicia inxectou financiamento a 343 empresas, por un importe de 51,7 millóns de euros e cun investimento xerado de 61 millóns- Esas operacións permitiron consolidar 4.340 empregos en Galicia durante o ano pasado, tres veces máis que en 2023- A vixencia xa desde xaneiro do convenio da Xunta permitiu a Sogarpo triplicar o importe dos avais outorgados con produto público autonómico e tamén o investimento conseguido- O risco en vigor asumido a través dos convenios anuais co Igape elévase a 86,4 millóns, dentro dunha carteira global da SGR galega que pon rumbo aos 200 millóns de eurosA colaboración
A Xunta incrementa o orzamento da convocatoria do presente ano 2025 ata os 19 millóns de euros que poderían poñer en circulación ao redor de 150M€A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participou esta mañá nunha xornada de trab
- Nos nove primeiros meses do ano consolidou 6.860 empregos en pemes galegas, un 69,5% máis que hai un ano- O número de empresas beneficiarias nestes tres trimestres, 499 en total, reflicte un aumento do 27,6%, e o de avais outorgados subiu un 18%, a