30 de octubre de 2024
- Nos nove primeiros meses do ano consolidou 6.860 empregos en pemes galegas, un 69,5% máis que hai un ano
- O número de empresas beneficiarias nestes tres trimestres, 499 en total, reflicte un aumento do 27,6%, e o de avais outorgados subiu un 18%, ata 663
- O investimento inducido polas formalizacións de Sogarpo elevouse a 67,2 millóns, cun crecemento interanual do 56,1%
- A SGR do sur de Galicia triplicou a súa participación nas liñas Igape, con 383 operacións, 43,2 millóns de importe, 51,4 millóns de investimento inducido e apoio financeiro para 380 empresas
- O risco en vigor de Sogarpo encamíñase cara aos 200 millóns de euros, ao subir ata setembro un 13,7% en taxa interanual
Vigo, 30 de outubro de 2024
O auxe do financiamento empresarial en Galicia, propiciado por un adianto e maior período de vixencia das Liñas Igape en 2024, fortalece a participación e o dinamismo de Sogarpo nun exercicio no que superará mesmo as magnitudes de 2020, cando os apoios e estímulos para remontar os efectos da pandemia no sector empresarial elevaron ata os 62 millóns de euros o importe dos avais concedidos pola sociedade. Ao 30 de setembro, o valor outorgado situouse xa en 53,9 millóns, un 56,7% máis que nos tres primeiros trimestres de 2023, mentres que o investimento inducido aproximouse a 67,2 millóns, cunha alza do 56,1% na comparativa interanual.
Os case 54 millóns de importe acumulado, e inxectado á economía galega, durante o período de xaneiro a setembro exceden a operativa da SGR en anos completos e con alto crecemento: 46,1 millóns no exercicio íntegro de 2023 ou 42,1 millóns no de 2022.
Os 663 avais outorgados por Sogarpo nos tres primeiros trimestres, un 18% máis que hai un ano, permitiron consolidar 6.860 empregos, fronte a 4.047 no mesmo período de 2023 (incremento do 69,5%), e levaron financiamento a 499 empresas, 108 máis (auxe do 27,6%).
A continuidade das Liñas IGAPE ao longo do exercicio e a súa activación xa no primeiro mes do ano atribúense a maior parte dos destacados crecementos que está a lograr a SGR do sur de Galicia. A sociedade outorgou 383 avais das Liñas Igape, por importe de 43,2 millóns e cun investimento inducido de 51,4 millóns, nas tres variables triplicando os volumes de 2023.
VÍA PRÓXIMA E EFECTIVA
Esta vía próxima e efectiva de financiamento, froito da colaboración entre Igape e Sogarpo, permitiu consolidar ata setembro 5.403 empregos nun total de 380 empresas. As liñas de financiamento empresarial vinculadas á Xunta permiten ás dúas SGR galegas liderar en 2024 os crecementos de actividade no sector a nivel nacional.
Ademais, o reforzado convenio do Igape fai que Sogarpo sexa unha das dúas Sociedades de Garantía Recíproca do país que encabezan o crecemento da carteira en vigor no acumulado dos tres primeiros trimestres. O risco vivo da sociedade pasou, en só nove meses, de 164,6 millóns a 187,3 millóns, cunha subida interanual do 13,7%, e encamíñase cara ao rango dos 200 millóns. O investimento inducido polos avais vixentes excede os 300 millóns (+8,2%) e os empregos consolidados están por encima de 23.000 (+11,2%).
Las noticias e información más relevante sobre Sogarpo, el mundo empresarial, novedades financieras y todo lo relacionado con el apoyo a las pequeñas y medianas empresas así como noticias destacadas sobre el panorama económico local e internacional.
- Mediante o convenio coa Xunta, a SGR do sur de Galicia inxectou financiamento a 343 empresas, por un importe de 51,7 millóns de euros e cun investimento xerado de 61 millóns- Esas operacións permitiron consolidar 4.340 empregos en Galicia durante o ano pasado, tres veces máis que en 2023- A vixencia xa desde xaneiro do convenio da Xunta permitiu a Sogarpo triplicar o importe dos avais outorgados con produto público autonómico e tamén o investimento conseguido- O risco en vigor asumido a través dos convenios anuais co Igape elévase a 86,4 millóns, dentro dunha carteira global da SGR galega que pon rumbo aos 200 millóns de eurosA colaboración
A Xunta incrementa o orzamento da convocatoria do presente ano 2025 ata os 19 millóns de euros que poderían poñer en circulación ao redor de 150M€A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participou esta mañá nunha xornada de trab
- Nos nove primeiros meses do ano consolidou 6.860 empregos en pemes galegas, un 69,5% máis que hai un ano- O número de empresas beneficiarias nestes tres trimestres, 499 en total, reflicte un aumento do 27,6%, e o de avais outorgados subiu un 18%, a