29 de enero de 2025
- Mediante o convenio coa Xunta, a SGR do sur de Galicia inxectou financiamento a 343 empresas, por un importe de 51,7 millóns de euros e cun investimento xerado de 61 millóns
- Esas operacións permitiron consolidar 4.340 empregos en Galicia durante o ano pasado, tres veces máis que en 2023
- A vixencia xa desde xaneiro do convenio da Xunta permitiu a Sogarpo triplicar o importe dos avais outorgados con produto público autonómico e tamén o investimento conseguido
- O risco en vigor asumido a través dos convenios anuais co Igape elévase a 86,4 millóns, dentro dunha carteira global da SGR galega que pon rumbo aos 200 millóns de euros
A colaboración público-privada entre Sogarpo e Igape tivo como resultado en 2024 un novo incremento de actividade para a SGR e un maior acceso a financiamento con produto público autonómico para as pemes galegas. E ademais nun exercicio que se caracterizou no sector pola combinación dunha caída de produtividade atribuída ao aumento dos custos laborais e de altos tipos de interese (antes da desescalada iniciada en xuño).
Neste contexto, Sogarpo outorgou o ano pasado 462 avais a 343 empresas a través das liñas Igape, por un importe conxunto de 51,7 millóns de euros e cun investimento xerado de 61 millóns. Na comparativa con 2023, estas cifras representan máis do dobre de avais concedidos e de empresas cubertas por Sogarpo con produto de financiamento da Xunta e máis do triplo en importe dos avais, en investimento inducido e en emprego protexido (4.340 postos de traballo consolidados en 2024 e 1.418 en 2023).
FINANCIAMENTO MAIS ACCESIBLE
A vixencia xa desde o mes de xaneiro de 2024 do convenio anual do Igape xustifica os incrementos do exercicio con liñas autonómicas de financiamento e a maior accesibilidade para pemes e autónomos. Artur Yuste, presidente de Sogarpo, resalta que “en 2024 houbo un máis que notable fortalecemento do financiamento de proxectos de empresa en Galicia e da cobertura das garantías que vén demandando o sector empresarial, é dicir, da mellor vía para o lanzamento e crecemento de empresas”.
As Liñas Igape canalizaron no pasado exercicio algo máis da metade -o 52%- de toda a operativa de Sogarpo por número de avais e de empresas. O peso do produto público da Xunta faise aínda máis visible no importe avalado e no investimento inducido, xa que en ambos os casos representa máis do 70% das magnitudes totais logradas pola SGR en 2024, sumando todas as liñas de financiamento públicas e privadas.
Dentro da carteira de risco en vigor (avais con vixencia a día de hoxe) da entidade, que se aproxima xa aos 200 millóns de euros, as operacións do Igape elévanse a 86,4 millóns por importe e a 119,5 millóns por investimento inducido. Desta forma, nun ano (comparativa con 2023) creceron un 71% e un 42%, respectivamente.
Las noticias e información más relevante sobre Sogarpo, el mundo empresarial, novedades financieras y todo lo relacionado con el apoyo a las pequeñas y medianas empresas así como noticias destacadas sobre el panorama económico local e internacional.
Inxectou 70 millóns de euros a pemes e autónomos, a través de 883 operacións que levaron financiamento a 656 empresas, cun 22% de incremento A Sociedade de Garantía Recíproca galega propiciou un investimento empresarial de 87 millóns e a consolida
Sogarpo, S.G.R. celebrou o primeiro Consello de Administración do ano nas súas instalacións en Vigo, onde se analizaron os resultados do exercicio 2024 e establecéronse as liñas estratéxicas para continuar o crecemento da sociedade en 2025.
- Mediante o convenio coa Xunta, a SGR do sur de Galicia inxectou financiamento a 343 empresas, por un importe de 51,7 millóns de euros e cun investimento xerado de 61 millóns- Esas operacións permitiron consolidar 4.340 empregos en Galicia durante o ano pasado, tres veces máis que en 2023- A vixencia xa desde xaneiro do convenio da Xunta permitiu a Sogarpo triplicar o importe dos avais outorgados con produto público autonómico e tamén o investimento conseguido- O risco en vigor asumido a través dos convenios anuais co Igape elévase a 86,4 millóns, dentro dunha carteira global da SGR galega que pon rumbo aos 200 millóns de eurosA colaboración