Compartir Noticia


Facebook


Twitter


Linkedin


Whatsapp


Sogarpo amplía el convenio con la Diputación de Ourense para mejorar el acceso a financiación de pymes y autónomos de la provincia

Sogarpo amplía o convenio coa Deputación de Ourense para mellorar o acceso a financiamento de pemes e autónomos da provincia Novas

7 de julio de 2025

A renovación do acordo coa institución provincial representa “un claro exemplo dos beneficios e retornos que pode xerar a colaboración público-privada”, destacou Artur Yuste
O presidente de Sogarpo remarcou que con esta liña de produto bonificado “os empresarios e autónomos de Ourense engaden estímulos para ampliar o horizonte dos seus proxectos de expansión”
O convenio entre Sogarpo e a Deputación, que se activou en abril de 2023, xa leva concedidos case 200 avais a 166 empresas, por un importe de 14,2 millóns de euros
O investimento inducido elévase a 16,6 millóns e o emprego consolidado supera o milleiro de postos de traballo en empresas ourensás
No primeiro semestre deste ano Sogarpo avalou 3,2 millóns de euros, que propiciaron un investimento final de 3,9 millóns na economía ourensá

Ourense, 7 de xullo
Sogarpo e Deputación de Ourense renovaron o convenio marco que une as súas forzas desde 2023 e que en pouco máis de dous anos xa inxectou 14,2 millóns de euros a pemes e autónomos da provincia mediante unha liña de produto bonificado (avais con custo cero). Desde a súa activación levan beneficiado 166 empresas e profesionais ourensáns, que ao conseguir financiamento para os seus proxectos de investimento ou circulante consolidaron un total de 1.037 postos de traballo na provincia. O investimento inducido polos case 200 avais outorgados elevábase ao peche do primeiro semestre de 2025 a 16,65 millóns de euros.

Só na primeira metade de 2025, o importe avalado ascende a 3,23 millóns e o investimento inducido a 3,87 millóns. Estas cantidades representan o 69% e o 74,4% do importe avalado e do investimento inxectado en todo o exercicio de 2024.

A renovación do convenio hoxe na sede da institución ourensá contou coa participación do presidente de Sogarpo, Artur Yuste, e do presidente da Deputación Provincial de Ourense, #Luis Menor. No acto de firma, Artur Yuste destacou que grazas a este acordo “os empresarios e os autónomos da provincia de Ourense engaden estímulos para ampliar o horizonte dos seus proxectos, ao contar cun produto financeiro bonificado e moi competitivo”. Ademais, engadiu que mediante esta cooperación ambas as entidades “suman esforzos para diluír da paisaxe ourensá a desigualdade de oportunidades. O interior de Galicia e as zonas rurais -razoou Yuste- son tan lexítimas para emprender e poñer en marcha grandes ideas de negocio como o son as cidades ou as grandes áreas metropolitanas”.

O presidente de Sogarpo definiu o convenio renovado esta mañá como “un claro exemplo dos retornos que pode xerar a colaboración público-privada no ámbito do financiamento empresarial”. Precisou que esta liña provincial de avais bonificados xa leva achegado “estabilidade laboral a máis de mil traballadores e ás súas familias” e que, froito da sinerxia entre a SGR e a Deputación, a economía ourensá ha recibido un fluxo de 16,7 millóns de euros, que é “o investimento empresarial derivado dos 14,2 millóns do importe avalado en tan só os dous anos e tres meses que levamos de singradura conxunta” coa Deputación ourensá.

A gran vantaxe deste produto especializado é que o aval ten CUSTO CERO para os beneficiarios, polo que se converte nun produto financeiro moi competitivo en calquera escenario. Outra característica destacada é a amplitude da pinza do importe que se pode avalar: desde 3.000 ata 600.000 euros. Con este abanico, adáptase ás necesidades máis cotiás das microempresas e dos profesionais, pero tamén aos plans de expansión máis ambiciosos das pemes que están en pleno crecemento ou que basean o seu modelo no investimento.

Artur Yuste finalizou a súa intervención no acto de firma trasladando a mensaxe de que o verdadeiro resultado da sinerxia entre unha entidade privada e unha institución pública é que “ambos poñemos os nosos medios ao dispor dos empresarios e profesionais da provincia para que o financiamento empresarial non quede nun desexo, ou nunha simple petición, senón nunha aspiración cuberta e alcanzable con todas as garantías”.

La actualidad de Sogarpo al día

Las noticias e información más relevante sobre Sogarpo, el mundo empresarial, novedades financieras y todo lo relacionado con el apoyo a las pequeñas y medianas empresas así como noticias destacadas sobre el panorama económico local e internacional.

imagen de Sogarpo amplía o convenio coa Deputación de Ourense para mellorar o acceso a financiamento de pemes e autónomos da provincia

Sogarpo amplía o convenio coa Deputación de Ourense para mellorar o acceso a financiamento de pemes e autónomos da provincia

• A renovación do acordo coa institución provincial representa “un claro exemplo dos beneficios e retornos que pode xerar a colaboración público-privada”, destacou Artur Yuste• O presidente de Sogarpo remarcou que con esta liña de produto bonificado

Ler o artigo

imagen de A xunta xeral de Sogarpo constata a melloría e fortalecemento do sistema de financiamento empresarial en Galicia

A xunta xeral de Sogarpo constata a melloría e fortalecemento do sistema de financiamento empresarial en Galicia

 A activación das Liñas IGAPE desde o comezo do exercicio levou en 2024 á SGR do sur da Comunidade para liderar crecementos no sector en España, con subidas por encima do 50% en importe dos avais outorgados, en emprego consolidado e en investimento

Ler o artigo

imagen de Sogarpo creceu en 2024 máis do 50% en importe dos avais concedidos, investimento xerado e emprego consolidado

Sogarpo creceu en 2024 máis do 50% en importe dos avais concedidos, investimento xerado e emprego consolidado

 Inxectou 70 millóns de euros a pemes e autónomos, a través de 883 operacións que levaron financiamento a 656 empresas, cun 22% de incremento A Sociedade de Garantía Recíproca galega propiciou un investimento empresarial de 87 millóns e a consolida

Ler o artigo

Consulta todas as novidades de Sogarpo
logo Ministerio de industria y turismo logo cersa logo prtr next generation Logo Instituto Galego de Promoción Económica Logo Deputación Orense Logo Via Galicia Logo Universidad de Vigo

Consentimento legal de cookies

La web de Sogarpo utiliza cookies, propias e de terceiros, para manter as súas preferencias e analizar os seus hábitos de navegación na nosa páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. As cookies poden ser aceptadas, rexeitadas, bloqueadas e borradas, segundo desexe. Poderá facelo mediante as opcións dispoñibles na presente ventá ou a través da configuración do seu navegador, segundo o caso. Máis información no apartado. Política de Cookies da nosa páxina web.

As cookies técnicas serven para garantir o correcto funcionamento do portal web, así como para proporcionar comodidade e fluidez á navegación do usuario.

As cookies analíticas ou de medición axudan aos propietarios das páxinas web a comprender como interactúan os visitantes coas páxinas web, reunindo e proporcionando información de forma anónima.

Cookies para integrar funcionalidades de redes sociais no sitio web e compartir contidos do sitio web nessas redes sociais.

Gardar preferencias Rexeitar cookies Aceptar todas as cookies