18 de septiembre de 2024
O primeiro consello de administración de Sogarpo tras o período estival ha elixido como marco as instalacións do Pescanova Biomarine Center do Grove, dando así continuidade aos consellos itinerantes que veñen celebrando na sede de compañías e entidades asociadas. Nesta reunión transcendeu un novo auxe de actividade da SGR galega na súa misión de facilitar o acceso ao crédito ás empresas e de mellorar as condicións de financiamento de cada socio.
Así, o número de formalizacións de avais creceu un 61,5% con respecto a agosto do ano anterior, mentres que o risco vivo da sociedade rexistrou un incremento do 13,1%. Tal e como analizaron os conselleiros, en ambas as porcentaxes tiveron peso e protagonismo tanto as Liñas Igape 2024 (en empresas das provincias de Pontevedra e Ourense) como o convenio coa Deputación de Ourense (en empresas con sede nesta provincia).
Nesta ocasión, a reunión do consello de administración de Sogarpo trasladouse ao Pescanova Biomarine Center do Grove por invitación dos membros do consello representantes de Abanca. Tras a reunión, os conselleiros fixeron un percorrido polas instalacións do primeiro centro privado de investigación en acuicultura aberto en España, con máis de 4.000 metros cadrados dedicados á mellora da saúde, nutrición, benestar animal, sustentabilidade e a novas especies de cultivo. A visita finalizou cun cóctel na planta.
A proximidade co sector empresarial, a accesibilidade, a confianza e o compromiso co financiamento empresarial adaptado a cada escenario económico están detrás da iniciativa de Sogarpo consistente en trasladar as reunións estratéxicas e de planificación ao corazón das empresas e das institucións. Nos últimos meses, a cooperativa Coren, o grupo Cuevas e a Deputación de Ourense albergaron consellos de administración da SGR galega.
Las noticias e información más relevante sobre Sogarpo, el mundo empresarial, novedades financieras y todo lo relacionado con el apoyo a las pequeñas y medianas empresas así como noticias destacadas sobre el panorama económico local e internacional.
O risco vivo da sociedade fixa novas cifras de récord en todas as categorías de produto: Liñas Igape, Deputación de Ourense e convenios bilaterais A carteira global de avais en vigor elévase xa a 213,8 millóns de euros e está a piques de conquista
A renovación do convenio que fortalece a competitividade do tecido empresarial galego foi subscrita hoxe en Vigo por Pablo Junceda, director xeral de Sabadell Gallego e Artur Yuste, presidente de Sogarpo A liña, que se amplía de 15 a 25 millóns de
• A renovación do acordo coa institución provincial representa “un claro exemplo dos beneficios e retornos que pode xerar a colaboración público-privada”, destacou Artur Yuste• O presidente de Sogarpo remarcou que con esta liña de produto bonificado